QUE MELLOR QUE COMEZAR ESTAS DATAS, CANTANDO.
UNHA APERTA AO PROFE ÁLVARO, QUE ANDA POR AHÍ.
Eí ven o vento do mar-e
eí ven o vento mareiro,
eí ven o meu queridiño,
vestido de mariñeiro.
Se chove, deixa chovere
se orballa deixa orballare
por máis que chova e que vente
de ti non m´ei de apartar-e.
Pasei pola ponte abaixo,
vin saltar unha sardiña,
mariñeiros ide ao mar-e,
e botádelle a traíña.
Indo polo mar abaixo,
perdín a miña navalla,
rema mariñeiro, rema,
que alá no mar me quedaba.
O que navega de noite,
ha tropezar nos penedos,
eu que ando polo día,
tropezo nos teus enredos.
TREIXADURA
MÚSICA: Paulo Nogueira / Magoia Bodega
Letra: Tradicional